Entrevistas-Actualidade

PALESTINA

O 29 de novembro celébrase mundialmente o "día solidario co pobo palestino". Aproveitamos a data para falar da situación na que se atopa Palestina ante o acoso, colonización das súas terras, expulsión das súas casas... por parte de Israel co beneplácito por gran parte de paises que lonxe de intervir para frear esta situación, miran para outro lado e negocian con Israel. Dende "BDS GALIZA", Lucía Barros explicounos moi ben a situación e contounos que podemos facer a nivel individual para decirlle a Israel, que isto non lle sae gratis.

ESCOITA A ENTREVISTA PICANDO NO SEGUINTE ENLACE

 

 

alfonso

Luis Reimóndez e Ramiro Varela acompañáronnos o pasado xoves para falar do médico, do pai, do amigo... do dinamizador cultural da Estrada, Alfonso Varela Durán, que faleceu o pasado martes. Un home que acuñou o termo "estradensismo": sentimento polo cal defendes o teu concello, A Estrada, por riba de todo.

NO SEGUINTE ENLACE TES A CONVERSA COMPLETA

sabelaodoherty

Esta semana, o noso colaborador Pedro Pérez, convidou a Alex O´doherty e Sabela Arán a pasarse polo noso programa. E pasámolo moi ben coas dúas conversas. Alex trae a Estrada o seu espectáculo "Cosas de esas" e Sabela é protagonista na nova serie da TVG "Viradeira". Vai a sorprendervos cales son as súas series favoritas, sobre todo a de Sabela. Tivemos un momento moi friki e moi divertido con ela. E por certo, sabíades que Alex O´Doherty ten familia en Redondela?

PREME NO SEGUINTE ENLACE PARA ESCOITAR AS DÚAS ENTREVISTAS.

 

 

mulleres bravas

"Mulleres bravas da nosa historia" é unha colección editada por "Urco" na que se recupera e pon en valor o traballo e a figura de moitas mulleres que quedan esquecidas pola historia (dos homes). Unha das autoras que participa nesta colección é Eli Ríos. Con ela falamos en "Agaleria" de Radio Estrada sobre este traballo, sobre a muller, sobre as novas xeracións... e sobre a presentación desta colección o vindeiro sábado 28 de outubro na "Biblioteca Roberto Blanco Torres" de Cuntis e na que tamén está implicada a Libraría Graña de Cuntis.

PREME AQUÍ PARA ESCOITAR A CONVERSA COMPLETA

 

MEDO

foto: google

Incluído na programación do "Festival Pannic" que se celebrará na Estrada no mes de novembro, dende "A Estrada das Letras" propóñennos un obradoiro intensivo de relato curto de terror, medo... impartirase nas mañás dos sábados na "Casa das letras" e estará impartido por Neves Soutelo e Romina Bal. Con esta última falamos en "AGalería" sobre este obradoiro, sobre literatura infantil ou non infantil... unha conversa moi interesante e que nos quedou curta. 

PREME AQUÍ E ESCOITA A CONVERSA COMPLETA

 

xavier veiga

Esta semana falamos co guionista, cómico, actor, productor... Xavier Veiga. Inaugurou ademáis a segunda edición de "Estrada Comedy". Falamos nunha breve conversa de moitas cousas: GymTonic, David Amor, teatro, cine...  

PREME AQUÍ E ESCOITA A CONVERSA COMPLETA.

 

lume

Nun día no que se mestura a tristura e raiba, falamos con Fins Eirexas, secretario executivo de "ADEGA", asociación ecoloxista que forma parte do "Comite de Defensa do Monte Galego". A conversa xirou evidentemente arredor dos lumes que arrasan o pais nos últimos días e Fins plantexounos unha serie de feitos que dan conta da necesidade de mudar políticas forestais, dos intereses económicos e políticos que hai detras dos lumes cada ano... e tamén falamos da convocatoria de concentracións cidadáns para esta tarde por todo o país.

AQUÍ TEDES A CONVERSA COMPLETA E TODA A INFORMACIÓN DAS CONCENTRACIÓNS.

 

 xoan xess

"O canteiro de Sebil" é o título do documental realizado polo amigos de Quinteiro Umia, no que se da conta e realza a figura dun veciño de Cuntis: Xoán Xesús González, asasinado no ano 1936 polo golpistas de Franco. Un documental que contou ademáis coa participación de moitos veciños, que foi grabado polas terras do Umia, Compostela... Estivo con nós o amigo Paulo Escariz para falarnos de X. Xesús González como tamén do traballo que realizaron e da estrea, que será o xoves 12 de outubro ás 20hrs. no "Centro Xuvenil X. Raído Patelas" de Cuntis.

 NO SEGUINTE ENLACE PODERÁS ESCOITAR A CONVERSA.

 

SAHARA 1

foto: Bernabé/Luismy

O domingo 22 de outubro celebrarase a 7ª edición do xantar "pro-sahara" que organiza a asociación "Solidaridade Galega co Pobo Saharaui", en Couso, A Estrada. As entradas están xa á venda. Juan Soutelo e Aurora Clemente visitáronos esta semana para falarnos en detalle desta cita e tamén do traballo do seu colectivo a favor dos refuxiados nos campamentos saharauis.

PREME AQUÍ PARA ESCOITAR A ENTREVISTA COMPLETA

 

Curso Camara Estudo Momento 11

Pedro Pérez voltou a Radio Estrada e no primeiro día trouxonos como convidada a Iria Ares, que nos falou da "actuación ante a cámara". Das diferencias que pode haber entre actuar en teatro e ante unha cámara, do "a cámara quérete", das técnicas de interpretación... através do método "EDM", impartirán un curso na Coruña. E para rematar contounos cal é a súa serie favorita. Non ides adiviñar cal!

EN ESTE ENLACE TES A ENTREVISTA E TODA A INFORMACIÓN SOBRE O CURSO

 

 

circuito 2018

A ascociación "Escola Artística" de Cuntis trae por noveno ano consecutivo o seu ciclo de teatro amador. Desta volta serán catro os espectáculos que se incluen nas vindeiras fins de semana. En "AGalería" de RadioEstrada, charlamos con unha das organizadoras, Saleta Fernández, a quen tamén lle preguntamos polo fin de xira de celbración de aniversario da escola.

 PREME AQUÍ PARA ESCOITAR A ENTREVISTAfacenda

foto: LaOpinion

Estivemos falando con Xosé Ramón González de Unións Agrarias sobre a intención de "Inspección de Traballo", (acompañados pola Garda Civil), de multar a veciños e familiares que axuden nas tarefas agrícolas. Multar, abrir expediente por axudar. O cal, a todos nos parece unha barbaridade pero xa se deron varios casos no país. O noso convidado explicounos a situación. Vos que opinades?

PREME AQUÍ PARA ESCOITAR A ENTREVISTA 

 

 

 

CS23C11F6 231825

Este venres, AGADEA ofrécenos un espectáculo teatral protagonizado pola actriz Pepa Barreiro: "Na butaca (Fantasía nº3 en Dor Maior). Esta escrita e dirixida por Esther Carrodeeguas. Convidámola a charlar un ratiño con nós en Radio Estrada e falamos deste espectáculo e tamén de "Boaxa e Carmín" que aínda non se reprentou ás dúas en punto.

PREME AQUÍ PARA ESCOITAR A ENTREVISTA.

 

BeFunky Collage

O estradense David Álvarez foi o encargado da tradución das historias de Pippi Mediaslongas. En poucos días terémolas xa nas librarías, (Ed. Kalandraka). Na "Galería" falamos de Pippi, do traballo de tradución, dos idiomas... e como vedes na foto, David, ata foi pirata para meterse máis no papel de Pippi.

AQUÍ PODES ESCOITAR A CONVERSA COMPLETA

 

carams

María del Carmen Caramés é a gañadora do premio de poesía "Avelina Valladares" 2017 da Estrada. Charlamos con ela na "Galería" de Radio Estrada sobre o premio, a poesía, a dor, a felicidade, a idade... o "carpe diem"... e tamén a felicitamos claro. Unha conversa ben linda.

 PODES ESCOITALA PREMENDO AQUÍ.

 

DRONES

En outubro realizares este curso de pilotaxe de drones impartido pola empresa estradense "worldrone". No programa "AGalería" falamos con un dos seus responsables, Javier Vázquez, sobre a empresa e sobre o curso, para o cal sigue aberto o prazo de matrícula.

ESCOITA AQUÍ A ENTREVISTA

 

 

setas

foto: Miguel Souto - LaVozdeGalicia

O 6 de outubro comeza unha nova edición de "Estrada Micolóxica - Outono 2017". Charlas, saídas ó monte, concursos de fotografía...

Si queres participar e coñecer o programa de actividades, escoita AQUÍ a conversa que mantivemos con Merche Nodar.

 

chevere

A compañía "Chévere" celebra este ano o seu 30 aniversario... 25 anos da apertura da "Sala Nasa" e 5 dende que están en Teo... e ademáis... 25 anos do incio das "Ultranoite". E van a festexalo ó grande, con 6 funcións antolóxicas en setembro, os días 8, 9,15, 16, 22 e 23. 

Tedes toda a información en esta entrevista que lle fixemos hoxe a Xesús Ron.

 

 

acrofam

Hoxe falamos con tres dos compoñentes do colectivo ACROFAM. Fixéronos un resumo do curso pasado e espectativas para o vindeiro. Falamos tamén de igualdade de xénero, deportes, sexualidade...

Escoita AQUÍ a entrevista enteira.

 

revolta

Vaia planazo que nos ofrecen os amigos da Asoc. Xuvenil e Cultural Río Umia de Cuntis para o sábado 9 de setembro.

Preme AQUÍ e escoita tódolos detalles desta festa.

 

velutina

 

Entrevistamos a Jesús Asorei da Asociación Galega de Apicultura sobre os perigos da vespa Velutina. 

Escoita a entrevista premendo aquí.

 

 

Manuel Fortes

 

O estradense Manuel Fortes, logo de viaxar por varios continentes, vive en Praga. Traballa no departamento de RRHH de Amazon e contounos a súa experiencia.

 

Escoita a entrevista premendo aquí

 

 

frica Bonet Carballo

 

#emigrantes A estradense África Bonet Carballo vive en Sidney, Australia e contounos a súa experiencia.

 

Escoita a entrevista premendo aquí

 

 

Luis Temes Ostrava

 

#emigrantes O estradense Luis Temes Reino vive en Ostrava, República Checa e contounos a súa experiencia.

Escoita a entrevista premendo aquí

 

 

Ricardo Terceiro

 

Ricardo Terceiro escribiu a historia do "Estadio Municipal da Baiuca" e estivo en Radio Estrada repasando algunha das anécdotas.

Escoita a entrevista premendo aquí

 

 

 Athenia Feros

 

#emigrantes A Cuntense Athenia Lola Alvárez Feros leva meses vivindo no Canadá e contounos a súa experiencia.

Escoita a entrevista pinchando aquí

 

 

Moncho

 

#emigrantes O Estradense Moncho Castro leva meses vivindo na China e contounos a súa experiencia.

Escoita a entrevista pinchando aquí

 

 Sara

#emigrantes A estradense Sara Valcarcel Maceira inaugurou a exposición fotográfica "Ver el mundo con ojos de extraño" no Gat Point Charlie Hotel de Berlín. A exposición estará aberta dende o 1 de xuño ata o 1 de agosto.

Escoita a entrevista pinchando aquí

 

Alba

 

Alba Rodríguez Sánchez A mellor das escolas de hostalería no Concurso Internacional de Baristas de Foz

Escoita a entrevista pinchando aquí

 

Escoita a entrevista con Catarina Barcala, gañadora do concurso publicitario da coordinadora estatal de VIH/SIDA.

Pincha aquí