Radio Estrada 107.7fm, emisora municipal fai emisión propia as 24 horas do dia e todolos dias do ano. Emitimos directo dende as 8 da mañán ata as 20:30 da noite con conexións cada hora con Radio Nacional de España para os informativos.

Emitimos música durante toda a noite.Facemos toda a programación en galego.

Radio Estrada sempre apostou por colaborar e apoiar a tódalas asociacións, movementos culturais ou deportivos e galas benéficas de todo o Concello da Estrada e dos 17 concellos limítrofes, nos que temos inidencía directa, coa súa difusión mediante publicidade e entrevistas de cada evento. Eventos como por exemplo: Tódalas actividades do departamento de Cultura, deportes e servizos sociais do Concello da Estrada a celebrar tanto noTeatro Principal como ó aire libre e tamén dos demáis concellos de influencia.

Asociacións de mulleres rurais que durante o ano celebran actividades ó longo das 51 parroquias da Estrada e arredores, así como diversas asociacións culturais dos 17 concellos nos que temos incidéncia directa.

Tamén dende a programación de Radio Estrada sempre se inclúe moita música galega e séguese moi de cerca todalas actividades culturais que vindo dende fora, afectan a nosa comarca.

Radio Estrada demostrou unha sensibilidade especial cos grandes desastres que afectaron a distintos paises colaborando e tomando iniciativas para recaudar fondos, logrando resultados sorprendentes por parte dos ointes chegando a recaudar cantidades importantes que foron entregadas no seu momento a Cruz Roxa ou a Cáritas por exemplo.

Radio Estrada continuará colaborando sempre con calquera actividade cultural e deportiva que se leve a cabo ofrecendo o seu apoio mediante difusión, entrevistas e iniciativas para lograr que todalas iniciativas cumplan co obxetivo marcado pola propia asociación cultural.

Moitas gracias por formar parte desta gran família que é RADIO ESTRADA.