O 7 de febreiro de 2021.
O Día dos Medios en Galego 2021: #Moitoquesachar
Cada xoves 7 de febreiro, Galicia celebra o Día dos Medios en Galego. Faino co gallo da saída da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, en 1876.
Como cada 7 de febreiro, dende o 2018, cando o Parlamento Galego aprobou por unanimidade a celebración desta data, vimos realizando diferentes actos culturais. En 2018 foi en Fene, en 2019 en Pontevedra, e en 2020 en Carballo.
Este 2021 vai ser unha celebración singular. Por motivos evidentes, vaise desenvolver por streaming, en clave de #LateNight. Unha oportunidade, en todo caso, para amosarnos ao mundo.
Confirmaremos a data de celebración e emisión en canto sexa posible.
Mentres, comezamos a conta atrás para o 7 de febreiro, porque aínda queda… #Moitoquesachar