VII Feira da Sidra da Estrada

 

A Estrada consolídase como productor de sidra e apunta ao turismo na VII Feira da Sidra natural e ecolóxica.


Este sábado 2 de xuño celebrase na Estrada a VII Feira da Sidra Natural e Ecolóxica, con productos ecolóxicos e eventos culturais.
A presentación da feira levouse a cabo nas instalacións de Sidra Natural Peroja e ata alí se desprazaron a Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, a Directora Xeral de Gandaría, agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e o Alcalde estradense, José López Campos para acompañar aos productores.

A conselleira destacou que a produción de sidra en Galiza "está en auxe"; e que "cada vez son máis os agricultores que apostan pola mazá natural e ecolóxica", resaltando a “creación de riqueza e emprego, que xenera e que favorece á fixación da poboación".


Esta edición da Feira da Sidra Natural e Ecolóxica contará cunha feira de productos ecolóxicos certificados polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e buscará o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Galego. Así mesmo, estanse a buscar fondos a través do GDR para a creación dunha “Ruta da Sidra” que una os lagares Camino, Peroja, Ribela e A Sobreira, con atraccións turísticas locais e para a próxima apertura dun museo da sidra situado na parroquia de Callobre, según apuntaban os presidentes da cooperativa Ullama e da Asociación Maceira e Sidra, Daniel Peroja e José Antonio López Pampín.

 

Todos os visitantes que se acheguen á Estrada poderán degustar as sidras de 22 lagares chegados de 5 paises diferentes (España, Portugal, Francia, Inglaterra e Alemania), polo prezo único de 5€, que é o que custa o vaso conmemorativo desta edición. Á que tamén se suman arredor dunha ducia de establecementos hosteleiros, que ofrecerán pinchos a 2,50€ e racións a 6€. E a Asociación de Vehículos Clásicos A Estrada, que cada ano acuden á cita da sidra montados en bicicletas antigas e vestidos de época.

 

A VII Feira da Sidra Natural e Ecolóxica abrirá de 12.00 a 15.00 horas pola mañán e dende as 19.00 horas pola tarde. Con pasarúas matutinos amenizados polas bandas de gaitas de Barbude  (A Estrada) e Castrillón (Asturias) e a acutación, ás 13.00 horas, do grupo Zurrumalla. E pola tarde, realizarase a entrega do Premio “Grolo de Ouro”, os diplomas conmemorativos e actuarán os grupos Caxade e Forró Miór (Portugal).

 

LAGARES:

Galiza: Camino, L.P. (López Pampín), Peroja, Ribela e Torres de Moreda (A Estrada) - Andaina, CFEA Gúisamo, Maeloc, Val de Traba, Coop Ribeira do Navia e Vermouts Ciobra.

Asturias: Cabueñes e Solleiro.

Cantabria: Somarroza

Castela e León: Carral e El Agüelo.

País Vasco: Astarbe e Bereziartúa.

Internacionais: Kelterei Heil de Alemaña; Burrow Hill de Inglaterra; Corrupia de Portugal; e Le Maître e Manoir du Kinkiz de Francia.

 

Programa VII feira da sidra de a estrada   exterior2

 

Programa VII feira da sidra de a estrada   interior2