Cine - TV

carlosblanco

O venres 19 de xaneiro de 2018, Carlos Blanco fai doble función no teatro principal da Estrada e vendeu... todo o aforo disponible. Case 800 butacas ocupadas. Non é a primeira nin será a última vez que lle pase. E aledámonos por iso. Charlamos disto con el nunha conversa ben agradable. Ademáis falounos do novo espectáculo con Luis Dávila, con Xosé Antonio Touriñán, de "Fariña", (a serie tv!)... e tamén falamos de cantante "Sés", de Jorge Drexler e da maravillosa versión que fixo o cantante portugués Luiz Caracol de "Todo se transforma" (Tudo se transforma) e unha vez máis, lembrouse tamén de Narf. Un pracer como sempre charlar con el.

AQUÍ PODES ESCOITAR A CONVERSA COMPLETA

 

 

 

 

9 de novbembro

Pedro Pérez convidou desta volta ó director de cine Lázaro Louzao para falar do film "Nove de novemtro". A primeira longametraxe de temática LGTB rodada en galego e que ademáis ven con "censura" por parte de Facebook ó non permitirlles estes, amosar o trailer através desta rede social. Con el falamos desta e de outras películas que son as "primeiras películas de... ", gracias á dixitalización e democratización do cine. Moi interesante. Por certo, estréase para comezos do vindeiro ano.

PICA NO ENLACE PARA ESCOITAR A CONVERSA COMPLETA