Con motivo do concerto en "A casa do lagoeiro", Andrés Suárez preséntanos o seu oitavo álbum de estudo, de nome homónimo. Unha entrevista, intensa e profunda, na que o cantante galego abre o seu corazón para falarnos do seu traballo, da súa experiencia no confinamenton e da situación actual da cultura.
Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ
Escoita o programa completo SALTA DA CAMA 25-09-2020
Entrevista a "AS LEMBRANZAS" un dúo formado por dúas irmás, con formación lírica e cunha traxectoria musical de máis de vinte anos cantando a nivel nacional e por Europa Central. Achegáronse a Radio Estrada para presentarnos o seu novo traballo, "GAELA", do que escoitamos o primeiro sinxelo chamado "Mar do Norte".
Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ
Escoita o programa completo FESTIVALEIROS 30-07-2020
Entrevista a Danni Lamas, Fernando Hernández e Antonio Barros, cantantes de KUBO. Un novo proxecto para as verbenas. Un repertorio moi coidado con temas que nos tocan a fibra e nos transmiten moi bo rollo para bailar. Ademáis teñen o escenario máis grande de Europa. Este sábado actuarán en Troáns, Cuntis.
Escoita a entrevista premendo aquí
Entrevista a PAULIÑA (Paula Chaves) na que nos presenta o seu primeiro álbum, "DE-XENERACIÓN". E falanos do concerto deste sábado en Lalín.
Escoita a entrevista premendo aquí
Entrevista a FRAN VELO de HERDEIROS DA CRUS que hoxe actuan en Camariñas e o luns na Estrada coa xira dos 25 anos. O baixista, da mítica banda galega, fai un repaso de todos estos anos.
Escoita a entrevista premendo aquí
Entrevista a Javier Otero Neira. O pianista estradense presentanos o seu novo proxeto, “SILENT WIFI music experience”, un ciclo de concertos nocturnos nos que experimenta coa tecnoloxía punteira de Silent Disco By Silentsystem, que fai que disfrutemos do concerto en primeira persoa, como se fósemos o propio pianista.
Atención ás exclusivas que nos da Javier.
Escoita a entrevista PREMENDO AQUí
Sabela Maneiro de TANXUGUEIRAS , falano do primeiro disco do grupo, "Tanxugueiras". Para a grabación contaron cunha chea de músicos galegos... Pero contao mellor ela
Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ
Entrevista a LUCÍA PÉREZ , que nos presenta o seu novo traballo composto integramente en galego "QUINCE SOLES" e que conta coa colaboración de artistas como Vizcaíno, Susana Seivane, Chema Purón, Xabier Díaz, Tonhito de Poi, Sito Sede, Emilio Rúa, Rosa Cedrón e Chenoa
Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ
Entrevista a Luis Ferre do duo granadino TASHKIVA , que presenta o seu novo traballo “Sombras”.
Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ
Entrevista a VIKXIE que nos presenta o seu novo sinxelo do seu quinto álbum "Sube mi escalera".
Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ
Entrevista a Manoele de Felisa polo Premio Martín Codax da Música que acadou o Grupo Limón na categoría de Orquestras/Grupos/Música d verbena e pola pesentación, xunto con Xosé Luna do libro-disco "A Estrada da Vida".
Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ
Entrevista a CAXADE, finalistas dos V Premios Martín Codax da Música na categoría de Canción de Autor.
Facemos un repaso á súa traxectoria e ao panorama músical galego.
Esciota a entrevista PREMENDO AQUÍ
Entrevista a Manoele de Felisa do GRUPO LIMÓN, finalistas dos PREMIOS MARTÍN CODAX DA MÚSICA na categoría de Orquestas e música de verbena.
Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ
Entrevista a Tato de Callobre sobre os V CANTOS DE TABERNA, que este ano homenaxean a Juan Herera.
Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ
Entrevista a Sabela Maneiro de "TANXUGUEIRAS" sobre os V Premios Martín Codax da Música.
Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ
Entrevista a Andrea Porto de "A BANDA DA LOBA" sobre os V Premios Martín Codax da Música.
Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ
Entrevista a Alex Brey pola candidatura de “AS NOSAS MUSICAS DE COUSO” aos V Premios Martín Codax da Música. O día 18 de abril publícanse os finalistas.
Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ
Hoxe falamos con Ramón Bermejo voceiro da asociación "MÚSICOS AO VIVO" sobre os V PREMIOS MARTÍN CODAX DA MÚSICA
Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ
Máis información: http://www.premiosmartincodaxdamusica.com
Álvaro Digué preséntanos en exclusiva o primeiro sinxelo do seu novo traballo "Mi Latido". Con el repasamos a súa traxectoría e ábrenos o seu corazón.
Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ
Falamos có artista sevillano HUGO SALAZAR, repasamos a súa taxectoría, o seu paso pola academia de OT 2 e a visita que lle fixo aos concursantes deste ano e tamén nos fala do seu próximo traballo do que escoitamos "Sin Argumentos".
Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ
Salvador Beltrán gañador da gaivota de prata do Festival da Canción de Viña del Mar 2017, presentába en "Salta da Cama" o seu novo sinxelo "Divina Muerte".
Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ
Os domingos pola mañá, ás 12:15hrs., temos dúas colaboracións de luxo. Por unha banda contamos con "Atlántico". Un programa sobre a música brasileira realizado e presentado polo estradense Fran Ameixeiras e que nos envía cada semana dende Brasil. Por outra banda temos a "Discos Fans", referente das tendas de discos, (rúa do Horreo, Santiago de Compostela). Dende alí, Toña da Silva, achéganos cada semana un disco, unha canción, un grupo, un estilo...
Aquí podedes atopar tódolos programas xa emitidos:
"ATLÁNTICO"
https://www.ivoox.com/podcast-atlantico_sq_f1482196_1.html
"DISCOS FANS"
https://www.ivoox.com/podcast-agaleria-radioestrada_sq_f1502183_1.html
Cada semana imos actualizando os programas para que non vos perdades ningún.
O vindeiro sábado 30 de setembro, no Teatro Principal da Estrada, o estradense Martin Sánchez presentáranos o seu primeiro traballo discográfico: "Personal Suit". Un disco que soa moi ben e que mestura distintos estilos coa calidade sempre por diante, e que recomendamos dende Radio Estrada. Falamos con el sobre este traballo e todo o seu proceso e tamén sobre o que nos agarda no concerto de presentación.
PREME AQUÍ PARA ESCOITAR A CONVERSA ENTRE MAKINAVALLAS E TIGHRE BROWN ;)
A "Asoc. A Fervenza" de Ouzande comeza este sábado 30 de setembro o novo curso con aulas de acordeón, gaita, pandeireta, tamboril, baile e canto tradicional. Si queres formarte, aprender a tocar un instrumento, bailar... escoita a conversa que mantivemos en "AGaleria" de RadioEstrada con Xabier de Camba que o explica todo moi ben.
PREME AQUÍ PARA ESCOITAR A ENTREVISTA.
Cristina Cimadevila participa no concurso "Canteiros" do Luar da TVG.
Escoita aquí a entrevista para saber como axudala.
A "Banda de Gaitas de Barbude" organiza unha homenaxe a un dos seus fundadores, director e mestre: Xosé Manuel Porto. Será o domingo 24 de setembro.
Si queres asistir, escoita como facela en esta entrevista.
Este venres 9 de setembro celébrase na Estrada a primeira edición do "End of summer Festival". Música electrónica con grandes nomes. Queres asistir?
Escoita a entrevista premendo aquí.
O polifacético Alber Ponte visitou os estudos de Radio Estrada antes do seu concerto na Estrada.
Escoita a entrevista premendo aquí
Mártin Sánchez o músico estradense, residente en Madrid, preséntanos o seu novo traballo, "PERSONAL SUITE".
Escoita a entrevista premendo aquí
Escoita a entrevista a Juan Fuentes, antes do concerto de "A BANDA DA BALBINA" no RapaSons da Rapa das Bestas 2017
Escoita a entrevista premendo aquí
Gabriel Estrada (Plan Siberia) visitou os estudos de Radio Estrada e interpretou en directo "XUNTO A TI", a canción do verán en Galicia.
Escoita a entrevista premendo aquí
Cris Salgado visitounos para presentar o seu primeiro traballo discográfico "Sin noticias desde el cielo".
Para escoitar a entrevista pincha aquí