O pianista Javier Otero Neira realizou na noite de onte, na Estrada, o segundo dos seus concertos nocturnos. O primeiro ofrecerao o mércores, na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela.
Tralo éxito acadado na celebración do “Festival Piano Meeting Ourense”, 70 Mandarinas e Javier Otero xuntaron de novo forzas e ilusións para a organización dun evento con referentes europeos e pioneiro en España. Coa colaboración de SilentSystem, a súa innovadora tecnoloxía e a modernidade dos instrumentos musicais de Yamaha, crearon o espectáculo SILENT WIFI.
Trátase dun concerto de piano de 1 hora de duración interpretado por Javier Otero Neira, artista Yamaha. O público experimenta un percorrido polas músicas do mundo en completo silencio, xa que o son chega a casa persoa do público grazas á tecnoloxia punteira de SilentSystem: uns auriculares especiais conectados a través da rede Wi-Fi. Os propios auriculares constan dunha iluminación singular que proporciona a cada espectador un ambiente intimista e evocador ao redor do piano.
Os 500 espectadores, que disfrutaron dos dous concertos, viviron en primeira persoa as sensación que ten Javier Otero Neira cando acaricia as teclas dese impresionante piano de cola Yamaha C3 Transcoustic. E convertironse en protagonistas a poder tocar, eles mesmos, dito piano.
O pianista estradense rodeouse, para o concerto da Estrada, de alumnas do conservatorio da mesma vila onde fixo sonar as súas primeiras notas Javier Otero Neira. As pianistas foron Alba Lugo, Blanca Barros, Uxía Salgueiro y Taida Sánchez.
Dende a organización apuntan que despois do éxito obtido nestes dous concertos xa están en negociacións para realizar unha xira de verán e deste xeito achegar esta experiencia única ao maior número de público posible.
Podes escoitar a entrevista PREMENDO AQUÍ